martes, 30 de enero de 2018

Actividade por competencias. Luz


Il n’y a pas de questions bêtes.
Revisando a unidade didáctica que debiamos facer no módulo común, puiden comprobar que ningunha das actividades propostas por min incluía a competencia matemática por iso me gustaría que a actividade proposta para esta sesión se centre nela. A actividade é fundamentalmente unha comprensión oral baseada na premisa de que non hai preguntas tontas, pois no documento que imos a empregar amosase que hai persoas que se gañan a vida resolvendo este tipo de preguntas. A actividade pode ser introducida cun brainstrom a raíz da palabra “youtube”. Pódeselle preguntar ao alumno qué palabras coñecen en relación con este espazo Web, ata chegar à profesión de youtuber. Logo a profesora introduce como nunha canle de Youtube se pode encontrar a un experto en resolver de xeito riguroso preguntas “tontas” do tipo:
 

 
Combien de temps faut-il pour vider un stylo bic?

 Qu'en pensez vous?






C.O.Regardez la vidéo pour compléter les questions suivantes:
 
  • Combien de pages peut-on écrire avec un bic?
  • Combien de lignes?
  • Combien de mots?
  • Combien de kilomètres?
  • Combien d’heures nous font pour finir l’encre d’un bic?

 
Regardez la vidéo une autre fois pour compléter les questions suivantes, (vous pouvez travailler en couple):
 
  • Combien de cachiers utilise le youtuber pour réaliser son expérience?
  • Combien de pages ont les cahiers?
  • Il prend combien de jours pour réaliser son expérience?
  • Et combien d’heures?
  • Il écrit sur quels sujets dans les cahiers?
A primeira parte apoiase en material visual por iso non creo que sexa preciso dar opcións. A segunda poden facelo por parellas para axudarse a recopilar a información.
Por outra banda creo que se pode incluir a competencia cultural pois, o video inclúe un rexistro máis ben coloquial e poderíanse aproveitar varias expresións: Les questions cones, Se niquer la main, défonser la main, ça me soule ce truc!, les nuls, c'est parti!.
Tamén podemos falar de dous grandes inventos da historia para cerrar a actividade:

Pourquoi le bic s’appelle comme ça? Pour toi quelle est l'invention la plus importante, le Youtube ou le stylo?

2 comentarios:

  1. Moi boa actividade. Tamén podes continuar cunha ficha do tipo que voas amosei, sobre os inventos que consideran máis importantes/prácticos. Si non a tes, pídema por mail.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Luz! si que a teño, de feito gustoume moito esa actividade por iso a introducín (un pouco tímidamente) pero téndoa na cabeza.

    ResponderEliminar