O primeiro que quero destacar é a importancia que ten para nos que
Luz e Ana, profesoras de secundaria, compartan nas aulas a súa
experiencia e saber facer. Creo que era imprescindible e desde logo
moi útil.
O comezo da sesión onde a profesora recompilou os nosos datos
(“curiosos”) levantou a nosa expectación, pasei dous días
desexando saber para que podería ser empregado.
O concepto de Warm-up paréceme imprescindible á hora de preparar a
atmosfera na clase, para que sexa distendia e favoreza a
participación, tan fundamental para a aprendizaxe de linguas.
Valorei moito que a primeira clase se estruturara en función das
competencias,pois en xeral tiña claro que as competencias que
traballaríamos en tanto que docentes serían ligüística por
suposto e conciencia e expresións culturais, se cadra tamén as
sociais e cívicas. Pero para o resto das competencias non tiña moi
claro como incluílas dentro das actividades por iso me pareceu moi
útil ter un exemplo concreto de cada unha delas para entender como
se poden integrar.
Agradecese que a formación se achegue o máximo posible à práctica.
Mentres que aprendemos as técnicas ou ferramentas que se nos amosan
tamén comprobamos cal é a sensación que producen, sendo motivantes
e dando unha idea real de como poden funcionar na clase e en que
contexto se poderán empregar. Agradécese tamén que Luz comparta
con nos actividades que levou a cabo con éxito, por exemplo a
entrevista feita por dúas rapazas a uns turistas ingleses deume que
pensar, porque moitas veces de xeito inconsciente sentímonos
limitados por unha especie de pantasma que nos dí que non nos
podemos saír do guión á hora de propoñer certas actividades, e
sucede o mesmo (se cadra peor) cando se trata de ser alumno. Gustoume
moito a insistencia da profesora en dar sempre opcións ao alumnado
para que cada quen traballe do xeito no que se sinta máis a gusto.
Para concluír, gustaríame nomear “a mochila” da que nos falou
Ana. Sinceramente, era o que máis me motivaba a facer este máster,
adquirir estratexias e materias que nos podan orientar e axudar no
ensino das linguas.
Alégrome moito que consideres que xa empezas a encher esa mochila! Non hai que ter medo a pensar fóra da caixa e cada unha de nós aporta un mundo de experiencias e ideas que se ten que reflectir no noso xeito de enfocar a docencia.
ResponderEliminar