Ao igual que na primeira entrada consagrada ás sesións con Luz
quero destacar a importancia que ten para nos como futuros docentes
contar coa vosa presencia, experiencia e saber facer. Resúltanos moi
útil ter acceso a ferramentas e técnicas que nos poden axudar tanto
para empregar como para adaptar ou simplemente como inspiración para
crear novas actividades. Non menos importante é que se nos indiquen
cales son os resultados para ir sobre o seguro.
Na sesión traballamos fundamentalmente con actividades centradas na
comprensión oral, a profesora presentounos moitos materias para
poder empregar na aula e tamén puxemos en práctica un bo numero
deles. O que permite (como tamén comentei nas entradas de Luz) que
vivamos o seu funcionamento e que coñezamos as sensacións que
despertan ditas prácticas.
Un aspecto moi destacable paréceme a insistencia nas actividades de
preescoita. Se cadra nós estabamos habituados a levarnos unha
sorpresa cando faciamos un exercicio de listening por exemplo nos
exames e o certo é que adicar un tempo á preparación da
comprensión oral é moi positivo porque á medio prazo favorece a
tolerancia á comprensión doutras linguas. Coido que hai que
insistir neste feito, en favorecer sempre a predisposición do oínte
á comprensión. Pois logo na vida real, ocorre deste xeito, non
estamos preguntando o significado de todo aquilo que non entendemos
senón que se tende a favorecer a comunicación e a espontaneidade.
A actividade do runnig dictation probeina nun curso de inglés do que
era alumna. Na miña experiencia faciámolo por parellas e tiñamos o
texto do ditado fóra da aula. Debiamos
correr-memorizar-correr-dictar-esperar-escribir-correr
e así ata rematar o pequeno texto que logo tiñamos que corrixir uns
aos outros comparando os erros. Non sei si deste xeito se podería
levar a cabo nunha aula por causa do ruído pero ao igual que a
actividade que fixemos nunha sesión posterior (a dos homófonos)
vinlle como punto positivo que anima ao alumno a facer un grande
esforzo na pronunciación. E aínda que esta entrada se corresponde
coa sesión de comprensión oral, queda demostrado que como ben
insistiu Ana, as catro destrezas non teñen sentido por separado.
Quédome sobre todo coa “mochila” da que nos falou Ana, este é
para min un dos aspectos máis importantes. Non sei si ela se refire
a materiais máis ben físicos pero dende logo o que polo momento
vimos na aula xa pode facer parte desa bagaxe. Creo que engloba e
resume todos os conceptos levados a cabo, input, minimax, gap,
exemplos de Warm Up, etc Pois demóstranos que podemos empregar
infinidade de técnicas na aula se temos claro que queremos
conseguir.

Moi boa entrada. Só unha puntualización, non son catro competencias. Quizais refíreste a catro destrezas.
ResponderEliminar