A sesión adicada á comprensión escrita foi moi interesante. Por
suposto, recordóusenos que non é adecuado hoxe en día separar as
catro destrezas pois seguramente sempre estaremos traballando máis
de unha.
Creo que é moi importante tratar a recepción en todo o que ten que
ver ca lectura, pois a mensaxe completase de sentido cando chega á
persoa que a recibe e esta é capaz de interpretala. Por outra banda
é moi importante que como profesores fagamos fincapé no feito de
que non é preciso entender todo ao mesmo xeito que na destreza da
comprensión oral, pois na vida real tampouco é imprescindible
coñecer o significado de todas as palabras. Debemos insistir en que
se trata dunha aprendizaxe paulatina e potencialmente perfeccionable.
![]() |
| Actividade Ana |
En segundo lugar, a comprensión escrita parecíame seguramente a destreza máis difícil de tratar pois normalmente enfócase cara a
lectura colectiva ou individual dun texto e ao traballo do mesmo a
través de preguntas. Pero as actividades que nos ensinou Ana foron
do máis dinámicas, por exemplo, facer dun texto un quebracabezas
ou tratar técnicas diferentes para a comprensión das letras das
cancións, documentos que a min persoalmente me gustan moito e me
parecen moi útiles na aprendizaxe de linguas e que como alumna só
podía desfrutar o día antes da entrega de notas. Agradezo que a
profesora nos facilitara tantas actividades para traballar con
cancións, ademais de outros materiais moi riquiños, como o tabú ou
os seus sobres-temas de conversa. Dígoo así porque se tratan de
materiais moi vistosos, se cadra máis próximos ao xogo e tan
válidos como calquera libro de texto, tema de reflexión na seguinte
entrada.
Pareceume unha sesión moi útil e que nos abre un grande abanico de
posibilidades à hora de tratar a comprensión escrita, e de como
relacionala con outras competencias.

Encantada de que as actividades propostas te pareceran útiles y te fixeran pensar noutro xeito de tratar a comprensión escrita, diso se trataba, así que obxectivo conseguido. Só unha puntualización:Relé a túa entrada e verás que ó comenzo da mesma parece que tes clara a idea de destreza, pero que ó final volves confundir destreza con competencia.
ResponderEliminarGrazas Ana, vou a correxilo inmmediatamente!
ResponderEliminar