domingo, 11 de febrero de 2018

Segunda sesión con Ana. Comprensión Escrita


A sesión adicada á comprensión escrita foi moi interesante. Por suposto, recordóusenos que non é adecuado hoxe en día separar as catro destrezas pois seguramente sempre estaremos traballando máis de unha.
Creo que é moi importante tratar a recepción en todo o que ten que ver ca lectura, pois a mensaxe completase de sentido cando chega á persoa que a recibe e esta é capaz de interpretala. Por outra banda é moi importante que como profesores fagamos fincapé no feito de que non é preciso entender todo ao mesmo xeito que na destreza da comprensión oral, pois na vida real tampouco é imprescindible coñecer o significado de todas as palabras. Debemos insistir en que se trata dunha aprendizaxe paulatina e potencialmente perfeccionable.

Actividade Ana
Unha das actividades que probamos na clase foi o texto que Ana nos preparou con palabras imposibles, pois non existían. Chamoume especialmente á atención e pareceume moi útil para ensinar ao alumnado a tolerar aquilo que descoñecen e centrarse no que sí se pode extraer do texto, sexa por comprensión xeral ou por palabras clave que o axuden a dar sentido ao texto. Do mesmo xeito que ocorre coa comprensión oral (á que se pode axudar con actividades de preescoita, imaxes, mímica, dependendo do contexto) este tipo de entrenamento ao reading creo que facilita que o alumnado este máis predisposto a entender e que o incita a buscar a súas propias técnicas de comprensión e aprendizaxe.
En segundo lugar, a comprensión escrita parecíame seguramente a destreza máis difícil de tratar pois normalmente enfócase cara a lectura colectiva ou individual dun texto e ao traballo do mesmo a través de preguntas. Pero as actividades que nos ensinou Ana foron do máis dinámicas, por exemplo, facer dun texto un quebracabezas ou tratar técnicas diferentes para a comprensión das letras das cancións, documentos que a min persoalmente me gustan moito e me parecen moi útiles na aprendizaxe de linguas e que como alumna só podía desfrutar o día antes da entrega de notas. Agradezo que a profesora nos facilitara tantas actividades para traballar con cancións, ademais de outros materiais moi riquiños, como o tabú ou os seus sobres-temas de conversa. Dígoo así porque se tratan de materiais moi vistosos, se cadra máis próximos ao xogo e tan válidos como calquera libro de texto, tema de reflexión na seguinte entrada.
Pareceume unha sesión moi útil e que nos abre un grande abanico de posibilidades à hora de tratar a comprensión escrita, e de como relacionala con outras competencias.

2 comentarios:

  1. Encantada de que as actividades propostas te pareceran útiles y te fixeran pensar noutro xeito de tratar a comprensión escrita, diso se trataba, así que obxectivo conseguido. Só unha puntualización:Relé a túa entrada e verás que ó comenzo da mesma parece que tes clara a idea de destreza, pero que ó final volves confundir destreza con competencia.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Ana, vou a correxilo inmmediatamente!

    ResponderEliminar