lunes, 12 de febrero de 2018

Reflexión sesión 3 e Actividade competencia escrita.



A terceira sesión con Luz consagrouse á expresión escrita. Sempre que pensamos nesta destreza parece que xa nos entra a pereza pois asociamolo sempre ás mesmas actividades. Pero unha vez máis luz demostrounos que podemos partir de imputs moi divertidos aos que sacarlles un grande rendemento. Unha das primeiras cousas a ter en conta é en que momentos escribimos, creo que é un acerto que a profesora nos fixera reflexionar sobre a importancia de escribir na vida real para que podamos telo en conta á hora de elixir as actividades de expresión escrita.
Para comezar o Warm up que nos amosou “I’m a tree” podería ter dado lugar a unha bonita actividade escrita. Gustoume moito a actividade do poema, pero sen dúbida a que máis me gustaría por en práctica é a dos “cinco sentidos”, paréceme moi creativa ademais de achegarnos ao universo dos alumnos, aos seus gustos e sensibilidades.
Tamén me chamou a atención a actividade “My hair story” porque recolle unha vez máis a personalización sen ter que recorrir ao que fixeches o verán pasado e que ademais permite enfocala de diferentes formas, contar a súa historia en primeira/terceira persoa, engadir fotos, humanizar o propio pelo, etc.

A actividade escrita que propoño é a escritura individual dun horóscopo, cada alumno terá unha tarxeta co horóscopo que debe completar. Poderíase dar a elixir entre un horóscopo normal e un horóscopo catastrófico ou negro. Para que cada quen poida escribir o seu propio (24 tarxetas por exemplo). Logo podemos facer unha posta en común nunha cartolina onde pegaremos cada un dos signos para que todos podan ler o seu, sexa en versión seria ou cómica. Tamén poderíamos recorrer a un documento google ou a un padlet.
Creo que se pode adaptar a distintos niveis variando as instrucións e adaptándoas aos seus coñecementos.  Por exemplo, pódense ceñir exclusivamente aos exemplos ou tamén dentro da propia ficha pódese escribir o encabezado de cada un dos puntos a completar.

 
Imaginez que vous écrivez l’horoscope dans un journal ou une magazine.

  • Décrivez l’état d’esprit de la personne: vous vous trouvez fatigué, triste, amoureux, etc.
  • Donnez au moins trois conseils pour améliorer le moral de cette personne: il faut que, tu dois, sortez! (l’impératif)
  • Indiquez les prévisions selon le signe du zodiaque: amitié, amour, argent, santé, études
  • Recommandez de porter une couleur: le rouge t’apportera du bonheur!
  • Ajoutez un peu d’imagination et beaucoup d’humeur!


1 comentario:

  1. Moi boa actividade e ben deseñada. É importante que as actividades de expresión escrita, sobre todo para os niveis inferiores,estean ben dirixidas para que podan concentrarse na expresión e na imaxinación e non perderse. Esta pode resultar moi divertida! Podes dar un exemplo para toda a clase, por exemplo, facendo o horóscopo dunha persoa famosa porque así poden facer predicións según o que coñezan dela. Tamén podes pedirlles que fagan todos o TEU horóscopo, podería resultar moi divertido ver que propoñen para i!

    ResponderEliminar