A
derradeira clase foi unha sesión de debate conxunta na que nos volvimos a xuntar os dous
grupos de linguas estranxeiras. Coma sempre comezamos cun Warm Up
“Talking to a marcian”. Eu probara unha versión na que por
parellas debiamos explicarlle a unha persoa moi maior sobre Youtube,
Netflix, Instagram, etc. Paréceme unha actividade moi significativa
(espero empregar ben o termo) e completa.
O
debate xirou en torno a tres grandes “topics” o
uso da lingua materna na clase de linguas estranxeiras, o uso do
móbil na aula así
como o das TIC ou TAC, que xa non lembro cal é o termo máis
actualizado, e os deberes para a casa.
En
canto ao emprego da lingua materna penso que se debe empregar cando
sexa estritamente
necesario. Paréceme importante que os alumnos se adapten á que
durante a hora de lingua estranxeira se empregue a lingua
estranxeira. Outra cousa é adaptar o nivel, ou puntualmente explicar
algo en lingua materna. Eu comparto con Luz o emprego da lingua
estranxeira fóra da aula. A miña profesora de francés falaba con
nós na L.E fóra da clase (a
menos que se tratase de algo complexo),
e considero que para min era
todo un referente, asúmese
perfectamente que con esa persoa se fala unha lingua determinada, e
creo que pode ser positivo ademais de darlle un sentido comunicativo
mais ou menos real (fóra da
aula) à materia que estás
aprendendo. Do mesmo xeito que sendo auxiliar de conversa e me
atopaba cos alumnos no corredor,
no mercado ou na rúa sempre me falaban en español, creo que pode
ser algo positivo sendo profesora de inglés ou de francés.
En
canto ás outras dúas cuestións coido que deberíamos tirar pola
ética aristotélica e intentar achegarnos ao xusto medio. Creo que é
importante que saiban que as TIC son ferramentas que poden axudalos a
estudar e a aprender. Tamén é importante que as saibamos manexar
(tanto alumnado como profesorado) pero
tampouco creo que sexan imprescindibles ou que non se poda facer
innovación docente sen elas. Penso o mesmo dos deberes, nin exceso
nin defecto. Todos tivemos algún profesor que nos atosigaba a
deberes pero que non traballaba na clase. A min houbérame
gustado dicir
na sesión de debate que miña nai aprobou(me) plástica en 3º da
ESO porque o profesor mandaba todo de deberes e na aula xogabamos ás
cartas. Nunca debuxei nin medianamente ben, pero anos anteriores polo
menos esforzábame,
pois debía traballar na
clase.
O que quero dicir é que os deberes deben reforzar ou consolidar o
traballo da clase. Tamén me parece moi importante que saiban
preparar na casa traballos pola súa conta, por exemplo à hora de
preparar unha exposición oral, ou unha redacción. Que saiban
empregar os seus materiais e tratar a información que se lles
facilita, e nese sentido os deberes cumpren tamén a función de
adestramento.
Xa digo, creo que un equilibrio é sempre un bo punto de partida.
Quero
engadir á marxe de todo o que ten que ver co contido da materia que
nestas semanas con Luz e Ana aprendín máis inglés que en anos no
instituto. Moitas veces pregúntome si a miña escolla polo francés
tivo que ver exclusivamente por como me ensinaron (tiven unha
profesora excelente). ¿E se tivese sido igual en inglés? ¿Cómo
sería hoxe a miña relación con esta lingua? É inimaxinable o que
un profesor ou profesora pode chegar a influír na vida dun alumn@. Conclúo que esta profesión é unha enorme
responsabilidade.
Ana et Luz, je vous
remercie pour ces précieuses séances et à bientôt!

O termo "actividade significativa" está perfectamente utilizado. Con respecto ás novas tecnoloxías, úsase TAC. TIC:Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. TAC:Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento.
ResponderEliminarMoitas gracias a ti polo teu entusiasmo e ata cando ti queiras. Sorte nas prácticas!
A idea de explicar algo a unha persoa maior (pode personalizarse si lle pides que pensen no membro da familia de maior edade!) paréceme guay!
ResponderEliminarCantas veces teño tirado da máxima aristoteliana de "in medio virtus"! Nunca me cansarei de recomendal.