SESIÓN VIRTUAL
ACTIVIDADE 1, Enfoque natural:
Trátase
dunha actividade introductoria para a aprendizaxe de vocabulario e estaría pensada para un nivel A1.
Sería aplicable a calquera outro léxico.
Bingo
das profesións
Trátase
dunha actividade enfoque natural mediante o cal se presenta ao
alumnado novo vocabulario por medio de dous xogos.
O
profesor entrega tarxetas a cada alumno con 16 imaxes (ata 21
tarxetas diferentes con 30-35 imaxes ) que contan coa
palabra que define a profesión que se representa. Nunha Bolsa aparte
encontranse todas as profesións que poden saír nas tarxetas e
pídese a un alumno que lea as profesións mentres os demais van
tachando as que escoitan.
A
segunda parte da actividade consistiría en facer un tabú. O alumno
ten unha tarxeta onde se describen as aptitudes (Il faut, on doit, il
est nécessaire) necesarias para levar a cabo esa profesión.
A raíz
da descripción os compañeiros deberán adiviñar de que palabra se
trata. Nesta actividade introducirán as expresións para expresar a
obriga e a necesidade.
Bloques
de contidos
-
B1.1. Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais
-
B1.3. Perseveranza no logro da comprensión oral, reescoitando o texto gravado ou solicitando repetición ou reformulacións do dito
-
B5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos.
-
B5.4. Plurilingüismo: Identificación de similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.
Criterios
de avaliación
-
B1.1. Comprender preguntas e informacións relativas á información persoal e pública moi básica (identificación persoal, gustos, etc.), así como instrucións e peticións elementais relativas ao comportamento e actividades na aula.
-
B2.1. Pronunciar de xeito intelixible, aínda que se cometan erros de pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar repeticións para entender a mensaxe.
Estándares
de aprendizaxe
-
SLEB2.1. Na maioría das actividades de aula, amosa unha actitude positiva polo uso da lingua estranxeira en diferentes situacións comunicativas, esforzándose por utilizala aínda que teña que recorrer a outras linguas para pedir axuda ou aclaracións.
-
SLEB1.3. Comprende o sentido global e a información máis salientable de textos orais procedentes de medios audiovisuais ou de internet, breves como instrucións e comunicados, con estruturas previamente traballadas, léxico moi común relacionado con necesidades inmediatas e accións presentes moi habituais, sempre que se fale de xeito moi pausado e ben articulado, e poida volver escoitar o dito.
ACTIVIDADE 2: Método audiolingüe
Esta actividade tería como obxectivo traballar a hipóteses e o condicional. Está pensada para un nivel B1.A metodoloxía que imos a empregar é a audiolingüe. Como este método se basea no estruturalismo lingüístico, o obxectivo fundamental será aprender a estrutura para expresar hipóteses por medio de repeticións. Para levar a cabo a actividade comezaremos escoitando a canción “Si” de ZAZ e darémoslle ao alumnado a letra da canción para que podan atopar e analizar os tempos verbais. Ademais deberán separar en columnas os tempos verbais da canción en imperfecto e condicional para esquematizar a teoría e desenvolver a actividade final que consistirá en construír un pequeno diálogo no que expresen hipóteses .Exemplo:-Se tiveses un millón de euros que sería o primeiro que farías?-Se tivese un millón de euros viaxaría por todo o mundo. E ti? Se foses un superheroe que poderes che gustaría ter?
Deberán incluír no diálogo como mímimo 4 preguntas e 4 respostas. Finalmente, representarán o diálogo diante dos compañeiros.Bloques de contidos específicos-
B1.1. Estratexias de comprensión: Mobilización de información previa sobre o tipode tarefa e o tema. Identificación do tipo textual, adaptando acomprensión a el. Distinción de tipos de comprensión (sentido xeral,información esencial e puntos principais).
-
B2.2. Actitude de respecto cara a si mesmo/a e cara ás demais persoas, para comprender e facerse comprender
-
B5.7. Estruturas sintáctico-discursivas propias de cada idioma
Avaliación-
B1.1. Coñecer e saber aplicar as estratexias máis adecuadas para a comprensión do sentido xeral, a información esencial, os puntos e as ideas principais ou os detalles relevantes do texto.
-
B2.5.Intercambiar información e opinións, dar instrucións, describir e narrar acontecementos sinxelos, xustificar brevemente os motivos de accións e planos, formular hipóteses, facer suxestións e argumentar de xeito sinxelo, aínda que se produzan pausas para planificar o que se vai dicir e, en ocasións, haxa que formular a mensaxe en termos máis sinxelos e repetir ou reelaborar o dito para axudar á comprensión da persoa interlocutora
Estándares de aprendizaxe-
SLEB1.1. Nas actividades de aula, persevera no seu proceso de comprensión, axustándoo ás necesidades da tarefa (de comprensión global, selectiva ou detallada) e mellorándoo, de ser o caso, facendo anticipacións do que segue (palabra, frase, resposta, etc.) e inferindo o que non se comprende e o que non se coñece mediante os propios coñecementos e as experiencias doutras linguas
-
SLEB2.4. Participa en conversas informais, cara a cara ou por teléfono, ou por outros medios técnicos, sobreasuntos cotiáns, nas que intercambia información e se expresan e xustifican opinións brevemente; narra e describe feitos sinxelos ocorridos no pasado ou expresa brevemente plans de futuro; fai suxestións; pide e dá indicacións ou instrucións; expresa e xustificasentimentos de xeito sinxelo, e describe con certo detalle aspectos concretos de temas de actualidade moi coñecidos ou de interese persoal ou educativo
Competencias claveAprender a Aprender, Competencia lingüística, Conciencia e expresións culturais -


No hay comentarios:
Publicar un comentario