Este tema
correspondese como o seu título indica ao deseño curricular. Para
tratalo entregóusenos un guión cuxos apartados foron tratados de
xeito diferente.
Os tres primeiros
apartados: Que é o currículo? Cales son os seus elementos? As
competencias clave? Foron tratados a modo de repaso dos contidos
vistos na materia de deseño curricular.
A parte referente
aos graos de concreción curricular foi introducida na clase a través
da aplicación Kahoot!
Esta
aplicación tan atractiva foi un éxito rotundo.
A actividade consistiu en responder dende os nosos dispositivos móbiles a unha serie de preguntas
elaboradas polo profesor con respecto à lexislación do currículo,
de xeito que a través deste
quiz fóronse
situando as competencias e as referencias lexislativas na educación
secundaria.
Para estudar as
partes que tratan as linguas estranxeiras no curriculum da ESO
bacharelato e Formación profesional elaboramos un documento en
Google docs onde cada grupo de alumnos se encargou de tratar algún
dos puntos dese guión, no meu grupo tratamos as linguas estranxeiras
na organización e nas avaliacións do Bacharelato. Para iso, tiñamos
que buscar a información en internet.
Logo de rematar o texto.
fixemos unha posta en común de todos e cada un dos puntos a tratar
no guión, dando tamén o noso parecer acerca de cada un deles
abrindo un pequeno espazo de debate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario