Como
xa se indica no dosier de actividades o tema 5 é un novo achegamento
ás programacións didácticas. O documento que empregamos para
tratar o tema foi o Artigo 24 da resolución do DOG 144 do 15 de
Xullo de 2016. As programacións didácticas son
documentos elaborados polos departamentos dos centros onde se
establecen acordos xerais sobre a ensinanza de cada materia. Serve
como “instrumento de planificación curricular específico”e debe
ter unha serie de elementos mínimos. Estudamos estes elementos a
partir da observación das programacións didácticas do instituto
Xesús Ferro Couselo (materia de francés) e logo tamén fixemos unha análise da programación
da escola oficial de idiomas de Santiago de Compostela (materia de
portugués).
À
hora de describir à programación cómpre ter en conta as
fontes do currículo co fin poder concretar e elaborar as distintas
partes da mesma.
A
base da programación didáctica podería atoparse na
contextualización. Penso que é condición sine qua non à
hora de elaborar a programación didáctica. Non todo é aplicable à
hora de levar a cabo unha unidade didáctica e en certa media
determina outros aspectos da programación. A cuestión de que me
parece mais importante dentro da mesma? Non sabería que responder,
por suposto estou de acordo ca opinión xeralizada e deu moito de si
na clase da importancia da avaliación, tanto se é formativa ou
inicial do mesmo xeito que me parece importante incluír metodoloxías
atractivas e innovadoras, sen esquecer as medidas de atención à
diversidade, etc. Supoño que por iso as programacións didácticas
deben ter en conta tantos apartados e seren tan específicos, para
que logo sexan útiles à hora da práctica.

Boas Lorena!
ResponderEliminarPrimeiro de todo parabéns polo traballo feito! Paréceme moi interesante o debate que hai sobre a dificultade para crear programacións didácticas, mais creo que a metodoloxía, os recursos e a atención á diversidade son os tres principais elementos que van influir na práctica docente nunha aula. Ti que opinas?
Un saúdo!
Gracias Mariña! Estou totalmente dacordo, o que ocorre é que todo está tan relacionado e ven tan determinado polo propia práctica que non me parece práctico priorizar.
ResponderEliminarUn saúdo