Partimos
na clase dunha pequena análise da situación europea actual. Compre
concretar o contexto político, social e económico para entender
porque chegamos a conclusión da necesidade de favorecer un contexto
multilingüe.
Coa
extensión dun mercado común europea e a creación de proxectos
comúns comezou a darse importancia ao estudo de linguas
estranxeiras, una situación de continua mobilidade, por diferentes
razóns laborais, formativas, colaborativas favorece tanto o interese
polas linguas estranxeiras como a motivación para a súa
aprendizaxe. O protagonismo fundamental lévao a lingua inglesa,
aínda que a media que pasa o tempo o coñecemento de segundas e
terceiras linguas vai adquirindo cada vez máis relevancia. Isto ten
que ver co feito de que un panorama multilingüe non ten que ver coa
suma das linguas aprendidas senón que vai máis alá, . De todos é
ben sabido que a aprendizaxe dunha lingua favorece o coñecemento de
novas linguas aínda que o nivel de competencias sexa inferior ou
diferente en función do propio contexto persoal.
En
canto ás políticas lingüísticas, cómpre ter en conta dous
enfoques con respecto ao multilingüísmo que define o contexto
actual europeo, a primeira ten que ver coa aprendizaxe de linguas
neste contexto e por outra banda a necesidade de impulsar e protexer
a diversidade lingüística en Europa.
Unha
vez que temos en conta esta diversidade contextual,podemos centrarnos
na aprendizaxe de linguas. Paréceme importante ter en conta esta
situación pois coido que leva implícito a apertura de miras de cara
a aprendizaxe de novas linguas. Tendo en conta que o contexto
sociolingüístico español é un bo exemplo desta diversidade, pois
un 40% da poboación vive en contacto con unha lingua franca e máis
una lingua minoritaria.
O
marco común europeo de referencia establece en seis niveis de lingua
divididos en tres bloques A, B, C, no que se delimitan as
competencias que se deben adquirir para a certificación de cada
nivel. Isto implica por outra banda, a necesidade de adaptar a tanto
a aprendizaxe como os recursos empregados para a a mesma a cada un
destes niveis. Un elemento que complementa ao MCERL é o Portfolio,
un documento persoal que serve como instrumento de reflexión e
autoavaliación da adquisición das linguas. Ao que ademais se suma o
factor de enriquecemento cultural. Polo tanto a visión que aporta ao
multilingüísmo non é só de carácter pragmático senón tamén
enriquecedor dende o punto de vista cultural e de creación da
identidade europea.
Quixera
destacar o seu éxito, é todo un referente non só no sistema
educativo senón tamén no laboral. Ninguén redacta xa o seu
curriculum vitae sen ter en conta o cadro de referencia para as
linguas. É dicir, a unificación dos niveis de competencias para
todas as linguas europeas é unha referencia, mesmo como foi
comentado na clase, outros contextos lingüísticos mundiais como o
latinoamericano ou mesmo en Ásia pretenden adoptar este mesmo
sistema de Niveis de competencias lingüísticas o cal pón de
manifesto que este sistema é unha ferramenta útil tanto para
definir os obxectivos de aprendizaxe coma para a avaliación da
mesma. Pois non se trata soamente de ter en conta cales son as
destrezas lingüísticas á adquirir senón o feito de que a súa
avaliación sexa tamén un referente a nivel europeo é un xeito de
equiparar estas competencias entre os sistemas educativos dos estados
membros.
Como
conclusión, creo que este novo contexto favorece una nova concepción
da aprendizaxe de linguas.Este primeiro contacto coa actual situación
europea e co tamén co marco de referencia parece un bo punto de
partida para o ensino de linguas cada vez máis concreto e cuns
obxectivos máis claros. A grande tarefa reside agora no cómo, sobre
todo no contexto nacional, refírome à presa que leva integrar os
obxectivos plantexados à hora de acadar un nivel específico de
lingua na realidade educativa española cunha meta concreta e cunha
concreta: 2020.
Referencias: Comajoan, L.(2010),La enseñanza de lenguas en España y el reto del multilingúísmo europeo, Hispania,Vol. 93, Nº1,pp 123-129
No hay comentarios:
Publicar un comentario