Un
dos problemas fundamentais expostos na clase é o que ten que ver é
o tempo que require acadar un determinado nivel, como acadar os
obxectivos lingüísticos para 2020 en función dos niveis de lingua
esixidos? Parece ser que se revisamos as horas precisas para acadar
un determinado nivel, o tempo xoga na nosa contra en tanto que
docentes. Hai que ter en conta outros factores que poden resultar
dificultosos à hora de acadar ditos obxectivos. En global podemos
falar das dificultades económicas e sociais de certos contextos, na
necesidade de adaptación ao esixente mercado laboral, da urxencia de
incluír novos métodos máis motivadores para o alumnado. E logo
tamén da necesidade de ter en conta as posibles dificultades
puntuais que deben satisfeitas en todo momento.
Posiblemente
sexa difícil escoller unha única problemática, pois todas están
interrelacionadas. A falta de motivación poder ter que ver coas
metodoloxías de ensino, ésta à súa vez pode ter que ver co número
de horas lectivas da lingua estranxeira ou ca falta de recursos. Isto
à súa vez co contexto do centro, etc. Coido que unha principais
puntos a ter en conta é a situación económica tanto do contexto
como familiar. Por suposto a educación ten como obxectivo entre
outras moitas cousas axudar a paliar as diferenzas sociais e
económicas, fomentar a paz social e a integración dentro do
contexto europeo. Atopámonos con que a inversión en linguas( que
mellor xeito de integrarse que falando?), a dotación de recursos, os
programas de mobilidade, as novas tecnoloxías son fundamentais no
achegamento aos obxectivos 2020.
O problema está en que todos estes
recursos que teñen un grande valor económico sexan empregados de
xeito adecuado.É a partir deste momento temos que falar da
avaliación do sistema educativo para ver si a inversión é
suficiente ou non, ou tamén si os problemas que acarrean as
dificultades no ensino-aprendizaxe de linguas teñen que ver coa
dimensión económica da que estamos a falar ou cómpre cambiar as
metodoloxías de ensino ou prestar máis atención a outros factores.
Ademais dende a crise económica en Europa, falouse moito dos
recortes en educación e tamén da mobilidade, da necesidade de abrir
novos horizontes laborais, o cal pode dar a sensación de ter que nos
vemos obrigados a ter que conseguir uns obxectivos máis elevados con
menos recursos.A isto hai que engadir as avaliacións que propón a
LOMCE,que aínda que son o xeito máis inmediato de determinar si o
sistema funciona, non está libre de controversia.
Como
posibles solucións, por exemplo, as propostas de aprendizaxe baseada
en proxectos empregando a lingua estranxeira pode achegar ao alumnado
ás novas esixencias do mercado laboral, axudándolles a darlle a
lingua estranxeira un uso mais practico mentres que traballan
múltiples competencias. Ao mesmo tempo permitiría fomentar a
creación de grupos de traballo e fomentar o emprego das TIC. Por
suposto o emprego das novas tecnoloxías implica tamén a
dispoñibilidade de recursos económicos. Eu quixera mencionar tamén
a dispoñibilidade de recursos humanos. Na miña opinión o perfil de
alumnado que se valora máis é aquel que sabe comunicarse e para iso
é fundamental dar importancia as competencias orais, que para nós,
neste caso refírome ao alumnado español sigue sendo o que máis
botamos en falta. Ao que pretendo chegar é ao feito de que para
fomentar esas competencias sería ideal poder traballar con grupos
reducidos onde cada alumno tivese o tempo necesario para traballar
esas habilidades. Pois paréceme imposible traballar as competencias
orais con grupos moi numerosos. Débense favorecer ademais,
estratexias que permitan a interacción interpersoal para chegar a
conseguir unha atmosfera plurilingüe.

No hay comentarios:
Publicar un comentario