En
canto ao debate piramidal é significativo que non exista na
educación conexión entre as linguas posto que moitos dos contidos
se repiten e sería mais proveitoso para todos establecer vínculos
en temas puramente lingüísticos como sería por exemplo o emprego
de conetores, a estrutura dos textos, etc Paréceme un erro non
establecer relacións entre as linguas xa que é contraproducente
para alcanzar ese desexado multilingüísmo. Debe ser o docente que
ensine a facer conexións entre as linguas, sexan propias ou
estranxeiras e mesmo entre as estranxeiras.
O
debate deu pé a exposición do Proxecto Lingüístico de Centro
a cargo da nosa compañeira Olalla. Chamoume a atención que fixese
fincapé na explicación da súa estrutura, primeiro na definición
dos obxectivos , logo e especialmente na avaliación e diagnose para
finalmente por en marcha a actuación do proxecto no terceiro
cuadrimestre, dándolle grazas a eses obxectivos e avaliación unha
grande precisión e concreción. Tamén me parece importante que sexa
un proxecto plurianual, pois así poden constatarse os resultados.
O
EECL presentado por Marian é a evidencia do que ocorre en España en
canto á aprendizaxe das linguas estranxeiras. De novo unha visión
un pouco pesimista en canto ao posto que ocupa no ranking en
ensinanza. Por outra parte grazas ás presentacións dos compañeiros
puidemos ver como funcionan outros sistemas educativos. Mentres que o
sistema finés é todo un exemplo, ou mais ben unha fonte de
inspiración os outros sistemas como o Coreano e o Xaponés aínda
que teñan moi bos resultados non me pareceron nada atractivos
porque se basean nun sistema demasiado competitivo. Porén si me
parece importante a dimensión de aprender a ser do sistema xaponés
así como tamén aprender a facerse responsable do seu medio.
Pareceume interesante que se resaltase na clase a dimensión cultural
dos sistemas educativos, xa que non todo é aplicable en todas
partes.
No
tocante ás metodoloxías non me parece que haxa algunhas mellores ca
outras. Como vimos a súa evolución vai respondendo a unhas
necesidades concretas, todas me pareceron útiles e interesantes
dependendo de para que. Creo que todas se poden empregar nun momento
dado. Mesmo facendo as actividades, moitas das características que
definen un enfoque son compartidas por dúas ou tres metodoloxías
diferentes. Creo que o importante é non centrarse nun único método,
tendo en conta o grande abanico de posibilidades que hai no ensino de
linguas estranxeiras. Un enfoque do que desfrutei moito é o método
do silencio, non o coñecía
pero creo que sí se pode poñer en práctica en certos momentos para
a instrución de certos temas. Gustoume porque creo que os aspectos
non lingüísticos poden ser útiles á aprendizaxe das linguas,
dende o punto de vista da desinhibición ou
para pensar máis rápido,
por exemplo.
Gustoume
moito esta sesión, pareceume moi completa e moi ben fiada en canto
aos contidos e as presentacións.

No hay comentarios:
Publicar un comentario