jueves, 28 de diciembre de 2017

TEMA 6 (dosier): Edulingüe CLIL/AICLE


Introducimos este tema facendo un debate que permitise establecer as diferenzas entre as seccións bilingües e os centros plurilingües.

Concluímos que as primeiras se refiren a materias nas que un profesor imparte como mínimo o 50% dos contidos na lingua estranxeira. Nos centros plurilingües impártese o 100% da materia en lingua estranxeira (inglés) integrada na metodoloxía CLIL.


Despois fixemos unha lectura do documento do plan edulingüe e tratamos de analizalo por parellas destacando catro aspectos que chamasen a nosa atención tanto para ben como para mal. A visión global foi que os obxectivos deste plan non son realistas si temos en conta o prazo para alcanzalos : 2020

Logo comezamos a estudar as características da metodoloxía AICLE. Unha vez introducido o tema polo profesor Gonzalo, fixen unha exposición na que debía presentar unha análise dun proxecto AICLE nun centro de secundaria. A miña proposta foi un proxecto levado a cabo por dous centros de ensino secundario, un instituto francés e outro español. 

O proxecto titúlase “Mystères et enquêtes/ Misterios e investigacións” e foi premio nacional eTwinnig en 2016. 
Aquí vos deixo a presentación:


2 comentarios:

  1. Ola Lorena, o traballo que fixeches na presentación pareceume moi interesante e queríate felicitar por eso. Ojalá se fixesen mais proxectos como ese.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Andrea, elexín o proxecto porque me pareceu bastante orixinal e completo. Creo que a vantaxe das LLEE é que hai un gran abanico de posibilidades de aprendizaxe. Saúdos!!

      Eliminar