Comezamos
o tema facendo un repaso sobre as distintas fases da programación e
acto seguido fixemos un debate piramidal no que tiñamos que destacar
os tres aspectos máis importantes dunha programación didáctica. En xeral, os máis populares foron os obxectivos, a metodoloxía e a avaliación.
Logo tamén se tratou a noción de PEC como o documento no que se enumeran os trazos do centro que determinarán a súa identidade.
Logo tamén se tratou a noción de PEC como o documento no que se enumeran os trazos do centro que determinarán a súa identidade.
Logo
de mencionar as fontes da programación (didáctica, psicolóxica,
sociolóxica e epistemolóxica) metémonos de cheo na análise das
partes da programación didáctica. Para iso debiamos completar unha
grella comprobando se os elementos mímimos estaban incluídos. Para
iso analizamos unha programación didáctica do departamento de
francés do instituto ourensán Xesús Ferro Couselo. Trátase dunha
programación bastante completa malia que non incluía o “Deseño
da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se
podan adoptar como consecuencia dos seus resultados”. Este apartado
trata un punto esencial, a avaliación inicial é o punto de partida
à hora de ensinar sobre todo unha lingua estranxeira.
Despois
tivemos a oportunidade de facer unha comparación cunha programación
didáctica da EOI, concretamente da de Santiago de Compostela, do
departamento de portugués. Chegamos á conclusión de que estaba
moi completa e ben estruturada, ademais de incluír todos os
apartados. A excepción do “As actividades culturais de promoción
do idioma programadas polo departamento” que se poden consultar na
páxina Web da EOI.
Tamén
se nos presentou na clase unha ferramenta de avaliación, chamada
idoceo


No hay comentarios:
Publicar un comentario