A
aprendizaxe baseada en proxectos é unha metodoloxía moi completa,
permite traballar múltiples competencias ao mesmo tempo e ademais
permite converxer coa modalidade AICLE. As vantaxes de Traballar ABP
favorece o traballo colaborativo e tamén a atención á
diversidade. Posibilita ademais as estratexias de andamiaxe, facendo
que o profesor sexa un guía dentro do proxecto e non un simple
transmisor de coñecementos. Ademais tamén favorece a colaboración
entre docentes o que implica a consecución de proxectos
interdisciplinares.
O
proxecto que vou a desenvolver estaría baseado na unidade 7 do
método Pas Pareil 1 de
Oxford (2000, pp. 88-89). Dita unidade titulase “Séjour en
France”. A primeira actividade de lectura ou comprensión oral é
unha guía práctica para pasar unha
estadía en Francia. O proxecto sería que a clase (neste caso para
primeiro de bacharelato)
o deseño
dunha guía práctica dunha cidade francófona.
Despois
de repasar o vocabulario a través da lectura e a comprensión oral,
propónselle à clase a idea de elaboraren unha guía practica nunha
cidade francófoca que eles mesmos poden elixir. A tarefa
desenvolverase en 3 sesións. Na primeira formaranse os grupos para
buscar información útil sobre temas concretos para organizar a
estadía (horarios, servizos, transportes, lecer). Na segunda sesión
deberán organizar a información e completala con imaxes, mapas e
elaborarán un pequeno tríptico online coa información que desexen
incluír. Na terceira sesión deberán, por parellas, construír un
diálogo a modo de xogo de rol onde podan presentar grazas ao
tríptico a cidade que elixan. Eloxirase ao chou que tipo de tema de
tratarán dentro dos que xa traballaron para realizar a tarefa e éste
será o centro do súa conversa- Por exemplo, una persoa que pide
unha dirección, unha recomendación,axuda por unha avaría.
O
rol do profesor sería o de guía, estará pendente da información a
buscar en internet e tamén do coidado da expresión escrita e oral.
Proporcionará pequenas pistas cando os alumnos se atopen bloqueados
e estará disposto a incluír novas propostas por parte do alumnado
que podan mellorar a tarefa.
En
canto á avaliación, deberíase facer unha diagnóstica para ver se
o alumnado precisa máis vocabulario antes de realizar a tarefa
podendo dar pé a outras actividades de toma de contacto. En
principio, é un vocabulario coñecido para eles, pero tal vez sexa
necesario profundizar antes de realizar a tarefa. En cando á
avaliación da propia tarefa, basearase na observación do traballo
en clase, valorarase positivamente a participación e a implicación.
Para a parte do xogo de rol empregaremos unha rúbrica para valorar
diversos aspectos como a corrección sintáctica, a pronunciación e
a capacidade de transmitir os contidos con certa naturalidade.
Traballar
neste pequeno proxecto permitiría aos alumnados coñecer e empregar
de xeito máis realista o vocabulario do temario. Axudaríao a
aprender a interpretar este tipo de guías en calquera contexto.
Ademais a aprendizaxe baseada en proxectos favorece a motivación e a
participación.
Cada
vez se impulsan máis este tipo de traballos pois permiten traballar
múltiples competencias á vez,crean un ambiente na aula máis
positivo e cando os proxectos son exitosos é grazas implicación de
todos o membros.Penso que ademais favorece a creatividade e a
integración dentro do grupo.
Referencias:
Bourdais, D. Carteret, D. Finnie, S. Luna, C. Gordon, L. Vázquez, E. (2000), Pas pareil,Vizcaya ( Oxford University Press), pp. 88-90

No hay comentarios:
Publicar un comentario